Como dixera hai uns días vou iniciarme no trail, e que mellor ocasión para facelo que dando unha volta á Illa de Arousa. Ata aquí nada de especial, non? Pero cambia o conto cando se fai pola noite, carallo. Pois sí, nestas lerias góstame estar. Será o vindeiro 11 de febreiro, e agardo estar mínimamente recuperado das molestias que padezo na perna. De tódolos xeitos, vai ser a primeira vez que fago tal cousa e por riba ás escuras, andaremos amodiño.
Deixo ligazón con información máis completa:



