martes, 24 de noviembre de 2009

Circuito Corre con Nós

O pasado domingo fun a Lugo, ás Pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera (no campus universitario), a participar no Corre con Nós que este ano celebra a súa 10ª edición. Foi a primeira carreira do circuito, sobre unha distancia que non chegaba aos 5 km. Día can para correr, choiva, frío...ao final estou satisfeito co tempo que fixen, tendo en conta o pouco (ou nada) que adestro.Coincidin con Ojordo, Jotaeme e sumamos puntiños para os Pastelalrhum. E creo que vin de refilón a Yosi e Juancho. A próxima proba será o 16 de Xaneiro, Nocturna de Reis. Entre medias xa estou apuntado para o día 5 de Nadal en Lestrove (agardemos que poñan o partido do Depor versus Barça ás 8 ou 10 da noite) e inscribireime na Lugo Monumental para o 20 de Nadal...non descarto facer unha San Silvestre.

sábado, 14 de noviembre de 2009

Felicidades Teleñecos¡¡¡¡

Este ano cúmprense 40 anos dende que, alá polo 1969,  Jim Henson tivese a gran idea de crear uns bonecos de trapo que entretivesen aos nenas e nenos. E o máis importante, facíanos rir e educaba ao tempo. Ai, aqueles tempos de Barrio Sésamo¡¡¡ Agora temos que aturar a gormitis, pokemos e winxes do carallo.

domingo, 8 de noviembre de 2009

Polo río abaixo vai...


"Polo río abaixo vai unha troita de pé" dicía o cantar. Pois polo río Sella abaixo tiráronnos a miña dona máis eu enriba dunha canoa o pasado mes de setembro. Fomos de fin de semana cuns amigos a terras asturianas, e unha das actividades que fixemos foi o descenso do Sella. Era a primera vez que facía piragüismo, Fanny xa fixera rafting, non é o mesmo pero... algo máis de idea ca mín tiña. A verdade que tiven momentos de tirar todo "pola borda". Botamos unhas risas e algun que outro "cago na canoa do carallo".


Como podedes ver íamos moi pero moi profesionais. Xa me tarda volver para outro ano.

As miñas novas tatuaxes

Este venres pola tarde fun a Katattoomba e fixen unha nova tatuaxe. É moi especial para mín xa que levaba moito tempo esperando para facelo.  E fíxeno nas costelas...e doíume abofé. É o prezo que hai que pagar. Quero dar as grazas a Óscar, que é un artista coma a copa dun pino. Fixo un traballo magnífico, polo menos para mín.

Se algunha vez decidides facer unha tatuaxe ou poñer un pirsin, visitar a xente de Katattomba, aínda que logo vaiades a outro sitio. Paga a pena.



lunes, 2 de noviembre de 2009

Noite do Samain

A noite do sábado foi a noite do Samaín, noite na que se entrelazan o mundo dos vivos e mundo dos mortos. Foi a primeira vez que "celebro" esta festa. Disfraceime incluso, de Nosferatu e a miña dona de Vampira. Íamos moi aquelados os dous, tamén levounos o noso tempo, iso hai que dicilo.
O día seguinte fun o circo, sí, ao circo dos horrores. Foron 2 horas e media dun espectáculo impresionante.



Crónica da Pedestre

1 hora e 23 minutos.Terá que ser para o próximo ano o de baixar da hora. Vai estar moi difícil...pero xa teño un ano para preparala.
Este ano había outros obxectivos,  como axudar aos meus correlegas dos Car Santiago na súa reivindicación ao concello compostelán para que manteñan aberta a Alameda pola noite e poder adestrar na Ferradura coma se fixo sempre. O pasado domingo 25 de outubro moitas e moitas levamos posto un cartel no que pediamos que permanecese aberta a Alameda, cando menos, ata as 23 horas. Eu levanteino orgulloso no derradeiro kilómetro e na miña chegada a meta. O tempo era o de menos.