martes, 23 de octubre de 2012

Qué desastre¡¡¡¡

Fedellando na web de Champion Chip e vendo os resultados de Liga do chip amarelo...a miña "folla de servicio"no 2012 dá pena, penita, pena...
Por outra banda, veño de inscribirme na Carreira de Arumes do Corgo (Lugo) para este sábado pola mañá, pequeno aperitivo antes da Pedestre de Santiago.



A foto reflicte a miña última actuación atlética na carreira de Os Rosales, que ao final só foron 6.400 m...pero a subida do Portiño...ay aaaaay omá que rica aaaaaaayyyyy.

sábado, 20 de octubre de 2012

Coruña Corre: Los Rosales

Inscrito no I Circuito de carreiras populares "Coruña Corre", que comenza coa I Carreira Popular de Os Rosales, hoxe ás 17:30, por un percorrido de 6.800 m segundo a organización. Ten un perfil exixente.
Ademáis hoxe vai ser un sábado completiño: ás 17:30 carreira, ás 19:00 Gala do Club Marineda Atlético, e rematamos co Depor-Barça ás 22:00... e "hasta el infinito y más allá¡¡¡¡"

Perfil
 

miércoles, 10 de octubre de 2012

VI Coruña 10 (II)

Desta vez non puido ser, rebaixalo crono da hora. Ao cabo 1:06'52. Pero tiven boas sensacións nas pernas, polo menos non sufrín calambres e rematei a proba. Hai que seguir traballando para conseguir aumenta-los ritmos de carreira. A próxima parada será este venres na Carreira de Lestrove, serán outros 10 km, pero esa xa é outra historia.
 

Foto por cortesía de Marta, forera de CenG.

sábado, 6 de octubre de 2012

Coruña 10 2012

Nova edición da Carreira popular Coruña 10km e nova participación nela, con obxectivos modestos. Tentaremos rematar a proba sen moitos sobresaltos, en menos dunha 1h 5', sería un logro tendo en conta o estado de forma que teño. Agardo que a meteoroloxía sexa un factor positivo.