miércoles, 30 de diciembre de 2009

Despedir o 2009

Ben, despois da Lugo Monumental e da Mugardos-Ares, toca rematar o ano cunha San Silvestre. Mañá á tardiña estarei en Lugo para correr na que organiza o Clube Fluvial.
Graciñas a Paco, de Egovarros de Viveiro, mestre das carreiras e, sobretodo gran compañeiro, por levarme a ritmo en Lugo e mais en Mugardos. Alí fun o pasado domingo con dous patukeiros, Guineano e MiguelD, a correr na V Carreira de Fin de Ano. Non ía tanta friaxe como en Lugo pero chegáballe. Relaxadamente nunha horiña rematei a carreira; logo ducha en auga xélida (aos últimos sempre nos pasa o mesmo); pero non hai mellor recompensa que uns pinchos de categoría. Qué bo estaba o xamón asado¡¡¡ Xa fun comido para casa.






viernes, 18 de diciembre de 2009

Cea de Empresa

Ben, estou a piques de saír para o restaurante Magalí na Coruña, onde este ano toca a cea de nadal do equipo EX3. Agardemos pasalo ben en campaña da xente do choio. Hoxe non hai que desfasar que mañá teño a festa do Concurso de Debuxo de Nadal da empresa, hai que levar a nena. Ademais o domingo vou a correr a Lugo xunto cos Patukos Tim Ranin. Vou pasar máis frío ca nunca, segundo Meteo Galicia, Lugo terá da mínima -5º.

viernes, 4 de diciembre de 2009

Eu son Breixo

Eu son Breixo e hoxe hai seis mesiños que lle dei unha alegría moi grande aos meus pais e maila miña irmá. Son un pouco rabudo como meu pai e un pouco trosma como miña nai. O que máis me divirte é que o papá quede comigo facendome cóxegas e poñendo caras de paspán, como se iso fixéseme rir, e non vaia adestrar para gañar carreiras, hehehehe. Teño unhas ganas tolas de botarme a andar para gañarlle ao papá. Ben, marcho e non lle digades a Xanito, meu papá, que estiven fedellando no seu ordenador, eh??