viernes, 22 de enero de 2010

Debut en Pista

Onte na pista do Campus de Elviña realizouse un control federado con cronometraxe eléctrica. Fixen un 200 m.l. e un 400 m.l., cunhas marcas de 32.49 e 1.24.45. Para non adestrar creo que non está mal, ademáis que ía un vento do demo. Era a primeira aproximación ás pistas nesta tempada e para ter unhas marcas de referencia pra mellorar, iso espero. Agora toca adestrar. Por outro lado, na listaxe dos resultados, os xuíces trabucaronse e puxeron os datos de meu irmán no 200. Agardemos que rectifiquen xa que mandeilles un mail informando do erro.
Julio, non me tiraches ningunha fotiño, eh?

lunes, 18 de enero de 2010

Finde agridoce

Esta finde semana fixen triplete. O venres foi a cea da Cuadra de Vicente, que é o meu adestrador, e que facemos tódolos anos por estas datas para celebrar o aniversario de Vicente. Foi na Taberna O Secreto en Coruña.Un pracer reunirse coa a xente do atletismo.
O sábado á tarde tirando cara Lugo Nonpodokokú e un servidor para facer a segunda carreira do Circuito Corre con Nós: a Nocturna de Reis, de só 4200 metros.
E o domingo, o domingo debín quedar na casa durmindo. Un desastre de carreira en Ferrol na San Xiao dos despropósitos. Collín tal cabreo que aínda o teño hoxe. Non volvo máis. E non quero falar máis disto que xa o fixen no foro de Correr en Galicia.
En fin, hoxe descanso e a próxima fin de semana outra vez dobrete: o sábado en Moaña, onde vai correr tamén a miña pequena Lucía, e o domingo a Rábade. Despois de máis de ano e medio "parado" comenzo o ano forte.

O meu careto ao entrar en meta en Ferrol o dí todo

sábado, 2 de enero de 2010

Annus Veteranus

Rematou o ano e comenzou outro, así é o inexorable paso do tempo. O 2010 é para min o Annus Veteranus (se hai algún latinista lendo isto espero saiba perdoarme), cumpro 35 anos en Febreiro e entro deste xeito na categoría de Veterán. Afronto esta nova etapa atlética con moita ilusión.
Como dixen rematou o ano, é fíxeno correndo. O día 30 en Compostela na II SanSIlvestre lúdica da Alameda organizada polos compañeiros de CARSantiago; e o 31 en Lugo na 15ª edición da San Silvestre do Clube Fluvial. Era a primeira vez que ía e o percorrido de 6.500 metros gustoume, con algún repeito importante. Sentínme ben a pesares do frío e rematei forte.