lunes, 18 de enero de 2010

Finde agridoce

Esta finde semana fixen triplete. O venres foi a cea da Cuadra de Vicente, que é o meu adestrador, e que facemos tódolos anos por estas datas para celebrar o aniversario de Vicente. Foi na Taberna O Secreto en Coruña.Un pracer reunirse coa a xente do atletismo.
O sábado á tarde tirando cara Lugo Nonpodokokú e un servidor para facer a segunda carreira do Circuito Corre con Nós: a Nocturna de Reis, de só 4200 metros.
E o domingo, o domingo debín quedar na casa durmindo. Un desastre de carreira en Ferrol na San Xiao dos despropósitos. Collín tal cabreo que aínda o teño hoxe. Non volvo máis. E non quero falar máis disto que xa o fixen no foro de Correr en Galicia.
En fin, hoxe descanso e a próxima fin de semana outra vez dobrete: o sábado en Moaña, onde vai correr tamén a miña pequena Lucía, e o domingo a Rábade. Despois de máis de ano e medio "parado" comenzo o ano forte.

O meu careto ao entrar en meta en Ferrol o dí todo

No hay comentarios: