lunes, 19 de octubre de 2009

Pedestre de Santiago...e xa van 13.

Este ano será a miña participación número 13 na Carreira Pedestre de Santiago. Trece aniños xa...dise pronto. O obxectivo, como cada ano, debería ser baixar da hora...pero sendo realistas calquer tempo por debaixo da 1h 15' estaría ben. Agardemos que o tempo acompañe. Xa teño gañas de ver a xente de Correr en Galicia na marquesiña de Xoán XXIII. Este ano vai ser diferente dos outros; xa teño o "chip" cambiado para a pista. Sí, volvo ao atletismo en pista.
O pasado 12 de Outubro regresei as pistas facendo lonxitude e mais un 100 m.l. Dende o 1993 que non poñía os cravos. As marcas, o de menos (4,27m e 14.73 s); sensacións raras dun casi veterán rodeado de "cadetillos e "juniors".

sábado, 10 de octubre de 2009

Home pequeno, fol de veneno

Pau de punta, non quebra nunca. Son coruño e por iso rabuño. Compromiso, honra, amizade e familia. Caña, touciño e mel. Licorca e máis churrasco. Non se pode pedir máis. Galiza arteira, verdescente e máxica.