viernes, 30 de abril de 2010

Ata o corenta de maio, non quite-lo saio

Pois eu sácoo antes xa que propóñome ter un mes de maio completiño:
1  Popular de Aios
8 O Pino
9 Ferreirúa
15 Vilalba
16 Solidaria Santiago
22 Corre con Nós
23 Ordes
Sí, sí, tres dobretes¡¡¡¡¡ E o día 2 non porque é o día das nais. Seguiremos informando.

martes, 13 de abril de 2010

Inconsciente

Esto dicía a muller de P.Pinto na película de Fesser: "Inconscientes, que sois unos inconscientes¡¡¡¡" Pois iso que o pasado domingo fixen unha chinchorrada atlética: fun correr a VIG BAY, media maratón Vigo Baiona sen adestrar, constipado, zapatillas sen rodar, etc, etc. Rematei a proba, pero feito pó. É que ás veces son un pouco papeiro, zambrainas do carallo.