domingo, 8 de noviembre de 2009

Polo río abaixo vai...


"Polo río abaixo vai unha troita de pé" dicía o cantar. Pois polo río Sella abaixo tiráronnos a miña dona máis eu enriba dunha canoa o pasado mes de setembro. Fomos de fin de semana cuns amigos a terras asturianas, e unha das actividades que fixemos foi o descenso do Sella. Era a primera vez que facía piragüismo, Fanny xa fixera rafting, non é o mesmo pero... algo máis de idea ca mín tiña. A verdade que tiven momentos de tirar todo "pola borda". Botamos unhas risas e algun que outro "cago na canoa do carallo".


Como podedes ver íamos moi pero moi profesionais. Xa me tarda volver para outro ano.

2 comentarios:

EL GUINEANO BLANCO dijo...

La próxima con la familia al completo.

banderas dijo...

¡¡Coño Xanito!! Pois para o verán que ven achégate ata a península do Grove, que eu teño aló a caravana e máis a piragua e probas o mar aberto, que ten a súa coña... sobre todo cando sopla vento.

Un saudo. Por certo, quedouche moi chulo o blog ;-)