viernes, 30 de diciembre de 2011

Asilvestrado

Como din por aquí..."¿non queres caldo? Pois dúas cuncas, rapas".
Entón mañá dous mellor ca unha. Pola mañá a Mugardos a facer a San Silvestre e pola tarde debut na San Silvestre do Rialto na Coruña. Total sobre uns 18 kms entre as dúas tiradas. Non está nada mal para rematar o 2011.
Despois só 14 días pra preparar o Campionato Galego de Veteráns de Pista Cuberta, que tan mal recordo me deixou a tempada pasada. Desta volta participarei nos 50 e nos 200 metros lisos. Pero esa é outra historia.
E con tanta carreira silvestre, daquela un se asilvestra e tira cara ó monte coma as cabras:
Donas e cabaleiros práceme presentarlles a miña nova adquisición, as Salomon XT Wings 2. As "ferraduras" ideais para iniciarme no Trail.









No hay comentarios: