domingo, 29 de septiembre de 2013

Octoberfest

Chegando Outubro, comenza unha nova tempada atlética na que teño como único obxectivo: Evitar as lesións.
Todo o que veña a maiores benvido sexa...Desfrutar das carreiras e intentarei se traballo, familia e outros menesteres me deixan un pouquiño de tempo, retomar adestramentos específicos para voltar á pista cuberta.
Cerquiña está a quenda do Cross, gostaríame participar nalgún este ano para ter unha nova experiencia. Para empezar este mes entrante xa estou inscrito na Coruña 10 e a finais teño a miña clásica, a Pedestre compostelá.


No hay comentarios: