martes, 2 de febrero de 2010

Carallinglish

A, mi querida, lovely Galicia e o seu gouvernement...

Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country.

The solution é o chamado "castrapo enriquecido", al que también chaman "eurocastrapo", "triglosia feijooooana", amablingua , "galcasinglish" ou, na Galicia Sur, simplemente "feixoada". 

Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language -only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk!

So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma.

The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by "trilingüelas" (not "bi", but "tri"), to properly enseñar the new lengua.

This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a "soberanía lingüística" dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls.

So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the "tres in one", very inclusive and amabilismo.

At the same time, the Xunta resolverá o "problem" educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do "tanto ten, ti vai disimulando", que se complementa coa de "never rained que non  escampara". Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí.

And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma.
Buena luck and  remember o que di the song: non te warrees, be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la...

viernes, 22 de enero de 2010

Debut en Pista

Onte na pista do Campus de Elviña realizouse un control federado con cronometraxe eléctrica. Fixen un 200 m.l. e un 400 m.l., cunhas marcas de 32.49 e 1.24.45. Para non adestrar creo que non está mal, ademáis que ía un vento do demo. Era a primeira aproximación ás pistas nesta tempada e para ter unhas marcas de referencia pra mellorar, iso espero. Agora toca adestrar. Por outro lado, na listaxe dos resultados, os xuíces trabucaronse e puxeron os datos de meu irmán no 200. Agardemos que rectifiquen xa que mandeilles un mail informando do erro.
Julio, non me tiraches ningunha fotiño, eh?

lunes, 18 de enero de 2010

Finde agridoce

Esta finde semana fixen triplete. O venres foi a cea da Cuadra de Vicente, que é o meu adestrador, e que facemos tódolos anos por estas datas para celebrar o aniversario de Vicente. Foi na Taberna O Secreto en Coruña.Un pracer reunirse coa a xente do atletismo.
O sábado á tarde tirando cara Lugo Nonpodokokú e un servidor para facer a segunda carreira do Circuito Corre con Nós: a Nocturna de Reis, de só 4200 metros.
E o domingo, o domingo debín quedar na casa durmindo. Un desastre de carreira en Ferrol na San Xiao dos despropósitos. Collín tal cabreo que aínda o teño hoxe. Non volvo máis. E non quero falar máis disto que xa o fixen no foro de Correr en Galicia.
En fin, hoxe descanso e a próxima fin de semana outra vez dobrete: o sábado en Moaña, onde vai correr tamén a miña pequena Lucía, e o domingo a Rábade. Despois de máis de ano e medio "parado" comenzo o ano forte.

O meu careto ao entrar en meta en Ferrol o dí todo

sábado, 2 de enero de 2010

Annus Veteranus

Rematou o ano e comenzou outro, así é o inexorable paso do tempo. O 2010 é para min o Annus Veteranus (se hai algún latinista lendo isto espero saiba perdoarme), cumpro 35 anos en Febreiro e entro deste xeito na categoría de Veterán. Afronto esta nova etapa atlética con moita ilusión.
Como dixen rematou o ano, é fíxeno correndo. O día 30 en Compostela na II SanSIlvestre lúdica da Alameda organizada polos compañeiros de CARSantiago; e o 31 en Lugo na 15ª edición da San Silvestre do Clube Fluvial. Era a primeira vez que ía e o percorrido de 6.500 metros gustoume, con algún repeito importante. Sentínme ben a pesares do frío e rematei forte.

miércoles, 30 de diciembre de 2009

Despedir o 2009

Ben, despois da Lugo Monumental e da Mugardos-Ares, toca rematar o ano cunha San Silvestre. Mañá á tardiña estarei en Lugo para correr na que organiza o Clube Fluvial.
Graciñas a Paco, de Egovarros de Viveiro, mestre das carreiras e, sobretodo gran compañeiro, por levarme a ritmo en Lugo e mais en Mugardos. Alí fun o pasado domingo con dous patukeiros, Guineano e MiguelD, a correr na V Carreira de Fin de Ano. Non ía tanta friaxe como en Lugo pero chegáballe. Relaxadamente nunha horiña rematei a carreira; logo ducha en auga xélida (aos últimos sempre nos pasa o mesmo); pero non hai mellor recompensa que uns pinchos de categoría. Qué bo estaba o xamón asado¡¡¡ Xa fun comido para casa.






viernes, 18 de diciembre de 2009

Cea de Empresa

Ben, estou a piques de saír para o restaurante Magalí na Coruña, onde este ano toca a cea de nadal do equipo EX3. Agardemos pasalo ben en campaña da xente do choio. Hoxe non hai que desfasar que mañá teño a festa do Concurso de Debuxo de Nadal da empresa, hai que levar a nena. Ademais o domingo vou a correr a Lugo xunto cos Patukos Tim Ranin. Vou pasar máis frío ca nunca, segundo Meteo Galicia, Lugo terá da mínima -5º.

viernes, 4 de diciembre de 2009

Eu son Breixo

Eu son Breixo e hoxe hai seis mesiños que lle dei unha alegría moi grande aos meus pais e maila miña irmá. Son un pouco rabudo como meu pai e un pouco trosma como miña nai. O que máis me divirte é que o papá quede comigo facendome cóxegas e poñendo caras de paspán, como se iso fixéseme rir, e non vaia adestrar para gañar carreiras, hehehehe. Teño unhas ganas tolas de botarme a andar para gañarlle ao papá. Ben, marcho e non lle digades a Xanito, meu papá, que estiven fedellando no seu ordenador, eh??