Pois eu sácoo antes xa que propóñome ter un mes de maio completiño:
1 Popular de Aios
8 O Pino
9 Ferreirúa
15 Vilalba
16 Solidaria Santiago
22 Corre con Nós
23 Ordes
Sí, sí, tres dobretes¡¡¡¡¡ E o día 2 non porque é o día das nais. Seguiremos informando.
Eu son Xanito... un rabudo coruñés amante do licor café, churrasco e, como non podía ser doutro xeito, fanático da Estrella Galicia. Donas e cabaleiros, benvidos o meu recuncho.
viernes, 30 de abril de 2010
martes, 13 de abril de 2010
Inconsciente
Esto dicía a muller de P.Pinto na película de Fesser: "Inconscientes, que sois unos inconscientes¡¡¡¡" Pois iso que o pasado domingo fixen unha chinchorrada atlética: fun correr a VIG BAY, media maratón Vigo Baiona sen adestrar, constipado, zapatillas sen rodar, etc, etc. Rematei a proba, pero feito pó. É que ás veces son un pouco papeiro, zambrainas do carallo.
martes, 2 de febrero de 2010
Carallinglish
A, mi querida, lovely Galicia e o seu gouvernement...
Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country.
The solution é o chamado "castrapo enriquecido", al que también chaman "eurocastrapo", "triglosia feijooooana", amablingua , "galcasinglish" ou, na Galicia Sur, simplemente "feixoada".
Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language -only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk!
So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma.
The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by "trilingüelas" (not "bi", but "tri"), to properly enseñar the new lengua.
This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a "soberanía lingüística" dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls.
So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the "tres in one", very inclusive and amabilismo.
At the same time, the Xunta resolverá o "problem" educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do "tanto ten, ti vai disimulando", que se complementa coa de "never rained que non escampara". Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí.
And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma.
Buena luck and remember o que di the song: non te warrees, be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la...
viernes, 22 de enero de 2010
Debut en Pista
Onte na pista do Campus de Elviña realizouse un control federado con cronometraxe eléctrica. Fixen un 200 m.l. e un 400 m.l., cunhas marcas de 32.49 e 1.24.45. Para non adestrar creo que non está mal, ademáis que ía un vento do demo. Era a primeira aproximación ás pistas nesta tempada e para ter unhas marcas de referencia pra mellorar, iso espero. Agora toca adestrar. Por outro lado, na listaxe dos resultados, os xuíces trabucaronse e puxeron os datos de meu irmán no 200. Agardemos que rectifiquen xa que mandeilles un mail informando do erro.
Julio, non me tiraches ningunha fotiño, eh?
Julio, non me tiraches ningunha fotiño, eh?
lunes, 18 de enero de 2010
Finde agridoce
Esta finde semana fixen triplete. O venres foi a cea da Cuadra de Vicente, que é o meu adestrador, e que facemos tódolos anos por estas datas para celebrar o aniversario de Vicente. Foi na Taberna O Secreto en Coruña.Un pracer reunirse coa a xente do atletismo.
O sábado á tarde tirando cara Lugo Nonpodokokú e un servidor para facer a segunda carreira do Circuito Corre con Nós: a Nocturna de Reis, de só 4200 metros.
E o domingo, o domingo debín quedar na casa durmindo. Un desastre de carreira en Ferrol na San Xiao dos despropósitos. Collín tal cabreo que aínda o teño hoxe. Non volvo máis. E non quero falar máis disto que xa o fixen no foro de Correr en Galicia.
En fin, hoxe descanso e a próxima fin de semana outra vez dobrete: o sábado en Moaña, onde vai correr tamén a miña pequena Lucía, e o domingo a Rábade. Despois de máis de ano e medio "parado" comenzo o ano forte.
O sábado á tarde tirando cara Lugo Nonpodokokú e un servidor para facer a segunda carreira do Circuito Corre con Nós: a Nocturna de Reis, de só 4200 metros.
E o domingo, o domingo debín quedar na casa durmindo. Un desastre de carreira en Ferrol na San Xiao dos despropósitos. Collín tal cabreo que aínda o teño hoxe. Non volvo máis. E non quero falar máis disto que xa o fixen no foro de Correr en Galicia.
En fin, hoxe descanso e a próxima fin de semana outra vez dobrete: o sábado en Moaña, onde vai correr tamén a miña pequena Lucía, e o domingo a Rábade. Despois de máis de ano e medio "parado" comenzo o ano forte.
O meu careto ao entrar en meta en Ferrol o dí todo
sábado, 2 de enero de 2010
Annus Veteranus
Rematou o ano e comenzou outro, así é o inexorable paso do tempo. O 2010 é para min o Annus Veteranus (se hai algún latinista lendo isto espero saiba perdoarme), cumpro 35 anos en Febreiro e entro deste xeito na categoría de Veterán. Afronto esta nova etapa atlética con moita ilusión.
Como dixen rematou o ano, é fíxeno correndo. O día 30 en Compostela na II SanSIlvestre lúdica da Alameda organizada polos compañeiros de CARSantiago; e o 31 en Lugo na 15ª edición da San Silvestre do Clube Fluvial. Era a primeira vez que ía e o percorrido de 6.500 metros gustoume, con algún repeito importante. Sentínme ben a pesares do frío e rematei forte.
miércoles, 30 de diciembre de 2009
Despedir o 2009
Ben, despois da Lugo Monumental e da Mugardos-Ares, toca rematar o ano cunha San Silvestre. Mañá á tardiña estarei en Lugo para correr na que organiza o Clube Fluvial.
Graciñas a Paco, de Egovarros de Viveiro, mestre das carreiras e, sobretodo gran compañeiro, por levarme a ritmo en Lugo e mais en Mugardos. Alí fun o pasado domingo con dous patukeiros, Guineano e MiguelD, a correr na V Carreira de Fin de Ano. Non ía tanta friaxe como en Lugo pero chegáballe. Relaxadamente nunha horiña rematei a carreira; logo ducha en auga xélida (aos últimos sempre nos pasa o mesmo); pero non hai mellor recompensa que uns pinchos de categoría. Qué bo estaba o xamón asado¡¡¡ Xa fun comido para casa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)